Amosando publicacións coa etiqueta PARROQUIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PARROQUIAS. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de setembro de 2015

COMEZAMOS A CATEQUESE (4 de Outubro)

O vineiro 4 de Outubro, retomamos as actividades parroquiais. Na misa de 12 comenzaremos a catequese parroquial. Un ano mais contamos coa axuda de Xesús para retomar con ilusión ese camiño da fe, tanto persoal como comunitaria. Damos grazas a Deus por todos os catequistas, os que xa estamos e os que se incorporan. Sen eles non sería posible esta gfan labor.

Pero antes, o día 3 sábado, no Seminario Maior de Vigo, ten lugar unha xuntanza de catequistas. Nela reflexionaremos sobre os novos retos da catequese, animarémonos mutumente e, como non, pediremos a Deus que nos axude para ser luz no mundo.

DATAS DE INTERESE

  • 3 DE OUTUBRO.
      1. XUNTANZA DE CATEQUISTAS EN VIGO NO SEMINARIO MAIOR DE 10:30 A 13:30.
      2. REUNIÓN DE CATEQUISTAS ÁS 10.
  • 4 DE OUTUBRO: COMEZA A CATEQUESE. MISA AS DOCE E LOGO XUNTARÉMONOS PARA FORMAR OS GRUPOS.
  • 5 DE OUTUBRO: PRESENTACIÓN DO PLAN DE PASTORAL EN CANEDO ÁS 8:30.
  • 9 DE OUTUBRO: REUNIÓN COS PAIS DE COMUÑÓN ÁS 8 DA TARDE.


venres, 26 de xuño de 2015

FESTA DE SAN XOÁN (24 de xuño)

O pasado mércores día 24 de xuño, festexabamos a festa do noso patrón. Celebramos a eucaristía á unha da tarde seguida de procesión. Estaba aigrexa chea e honramos o noso patrón coa nosa oración e co noso respeto. Somos todos un exemplo de silencio e respeto. 

SAN XOÁN PREGA POR NÓS

Aquí vos quedan unhas imaxes dese día.






EXCURSIÓN PARROQUIAL A AMARANTE (20 de xuño)

O sábado pasado día 20, fomos de excursión parroquial ó Acuapark de Amarante en Portugal. Alí fomos unhas setenta persoas entre as parroquias de Moreira, Lourido e Fornelos. O día acompañounos xa que estivo todo despexado e puidemos disfrutar, tanto maiores como pequenos da auga, dos tobog-ans e da sombra. Aquí vos deixo unhas panorámicas do parque. Para o ano que ven máis.




sábado, 16 de maio de 2015

NOVENA DA VIRXE DA CABEZA (15-23 de maio)

Como todos os anos, onte, venres 15 de maio, comezamos a novena á VIRXE DA CABEZA. Rezarémoslle todos os días na parroquia de Llourido ás nove da tarde. É un momento axeitado para rezar en comunidade, para poñer vaixo a intercesión da Nosa Nai as nosas peticións e de buscar cumprir a vontade do Señor nas nosas vidas.
Quitemos toda superchería e maxia e tratemos de descubir que quere Deus de nós dende unha fe madura e coherente co que vivimos. Quen mellor ca Nosa Nai para axudarnos.

VIRXE DA CABEZA. ROGA POR NÓS.



venres, 15 de maio de 2015

FESTA DOS MAIORES 2015

Xa está na sección de fotos un video mostra das fotos da festa. Quen queira fotos ten que cubrir o formulario e despois xa lle dou un enlace para descargalas.

domingo, 10 de maio de 2015

PASCUA PARROQUIAL (Domingo VI. 10 de maio)


Xa queda pouco para rematar o tempo da Pascua. As flores deste tempo seguen a encher a azalea. Somos nos que damos froito abondoso. Hoxe Xesús invítanos a cumprir o principal mandamento de todos "Amádevos uns a outros como eu vos amei". Pois xa sabemos.. tan fácil e ó memso tempo tan difícil. Non teñamos medo, é o froito principal de toda a vida dun cristián e dun que non o sexa. AMAR.
Aquí vos deixo a imaxe da azalea, coa última palabra da semana anterior. UNIÓN



venres, 17 de abril de 2015

PASCUA PARROQUIAL (Domingo II de Pascua)


O Domingo pasado, viviamos o evanxeo de Xoán. Sentiamos con alegría que Xesús nos chamase "Benaventurados" por crer sen ver. Sentimos a CONFIANZA en Aquel que nos da vida, que nos rexenera polo bautismo.
CONFIANZA é a flor desta semana. Ahí está na imaxe. E se vos fixades ben a Azalea xa ten uns brotes preciosos. Ogallá sexan símbolos do crecemento como cristiáns e coma persoas nesta pascoa.


domingo, 12 de abril de 2015

DATAS DE INTERESE (Maio-Xuño)


Ola a tod@s. Aquí vos deixo unhas datas de interese de aquí a final da catequese. 
  • 2 de Maio: CONVIVENCIA DE COMUÑÓN. Andaina para nenos e pais de comuñón de fornelos e Moreira. Faremos unha camiñata dende as depuradoras de Tui ata un parque en Caldelas de Tui.
  • 10 de Maio: FESTA DOS MAIORES. Como todos os anos homenaxearemos ós nosos maiores cunha Eucaristía e Unción de enfermos ás 13 horas. Logo teremos unha comida fraterna. Durante estes días están a darse as invitacións.
  • 24 e 25 de Maio: FESTA DA CABEZA EN LOURIDO. O domingo de Pentecostés e o luns seguinte celebramos en Lourido a festa da Virxe da Cabeza.
  • 13 de Xuño: ANDAINA DE CATEQUESE. Faremos unha xornada de convivencia os nenos e nenas que queiran. Sairemos de Fornelos e unirémonos os de Moreira para ir á FRAGA DO REI en Cristiñade. Despois uniranse a nós os pais.
  • 20 de Xuño: EXCURSION DE CATEQUESE-PARROQUIALES A AMARANTE. Por motivos de calendario en Vilacoba, temos que atrasar unha semana esta excursión que queda para este día 20. Disfrutaremos todos dun día pasado por auga no Aquapark.

domingo, 5 de abril de 2015

TODOS MORREMOS EN CRISTO. VENRES SANTO PARROQUIAL


Onte celebrábamos a Paixón do Señor. Dende o silencio, escoitábamos os últimos momentos de Xesús, o de tantas persoas que pasan polo camiño da cruz; por todos pediamos; e uníndonos a todos, comiamos o alimento de salvación.
Aquí vos deixo unhas imaxes do que foi a celebración de onte.

TODOS FOMOS CRUCIFICADOS EN CRISTO NA ESPERA SA RESURRECCIÓN.






venres, 3 de abril de 2015

VENRES SANTO PARROQUIAL


Damos un pasiño mais na Semana Santa. Hoxe xa Venres Santo. Día da cruz... dia dos crucificados. Con Xesús todos estamos crucificados. Pero... e se somos nos os que crucificamos? Onte lavávannos os pes.. hoxe subimos á cruz.
que traxedia a do noso mundo no que tantos son crucificados todos os días. Non miremos para outro lado. 

"Mirade a árbore da Cruz,
na que estivo cravada, a salvación do mundo.
Vinde adorala"

xoves, 2 de abril de 2015

XETSEMANÍ PARROQUIAL


Ós pes do Señor estamos todos. O seu carón nesta noite de súplica, de silencio, de ambicións truncadfas, de sinsentido. Noite tráxica a de Xesús, pero noite tráxica para moitas persoas que pasan pola cruz. Pidamos, recemos, estemos.

XOVES SANTO PARROQUIAL

Un ano máis, as oito da tarde, ímonos xuntar para celebrar o comezo do Triduo Pascual co Xoves Santo. Non queremos que sexa unha rutina, nin un ano máis nin unha celebración valeira de vida, fe, e sobre todo amor.
Este ano co lavatorio dos pes queremos ter presentes a todas as persoas que dun xeito especial pasan pola cruz. A cruz dos :


Hoxe son a eles e a nós a quen lle lavamos os pes. O "Facede isto en memoria de min" tenq ue resoar con mais forza ca nunca no noso corazón e reflexarse nas nosas mans.
Eucaristía e servizo van collidos da man inseparablemente para sempre.


domingo, 15 de marzo de 2015

CORESMA PARROQUIAL. DOMINGO III E IV


Despois dunha lagoa dunha semana... seguimos coa nosa "Coresma Parroquial" Xa está o autobús no final da ponte. Xa o camiño vai andado. Aqui vos deixo a foto.

CORAZÓN: Toca conversión vai ó corazón. É dende aí e aí onde Deus fala, onde xurden as grandes motivacións e a personalidade. So si convertimos o corazón seremos capaces e ir camiñando convencidos de que nos convertiremos.
NACER: Volver a nacer. Eso lle dicía Xesús a Nicodemo. Como volver a nacer sendo maior? Mirar a realidade con novos ollos é volver a nacer; descubrir que no día a día Deus nos acompaña e nos quere é volver a nacer; Descubir a novidade da fe, a novidade do amor, a novidade de Deus é volver a nacer.

Sigamos camiñando nesta coresma de encontro e amor.

sábado, 21 de febreiro de 2015


"CONVERTÉDEVOS E CREDE NO EVANXEO"

Comezamos o pasado mércores o tempo da Coresma. Cada paso e cada tempo litúrxico é un reto para a novidade e a esperanza. Esta Coresma que nos toca vivir, vólvenos a pedir que abramos o corazón á Palabra e á vida dos irmáns e irmás, para así, renovar os nosos camiños da vivencia da fe e do compromiso.
A Nova Evanxelización, úrxenos a integrarnos nos procesos que están transformando o noso mundo dende as claves da Conversión e a purificación da fe, para que esta sexa auténtica.
Serán duas as claves fundamentais que nos fagan adentrarnos no misterio litúrxico dos tempos da Coresma e da Pascua que viviremos: por un lado, a chamada a Fe, que esixe a conversión de volver ó primeiro, ó auténtico, que é a persoa de Xesús de Nazaret para coñecelo, amalo e seguilo máis; e por outro lado, dende a fe e como manifestacion da mesma, a conversión do corazón, que está chamado a deixar de ser de pedra, duro, rutinario, indiferente e individualista, para ser de carne, contremplativo, sensible, compasivo, solidario, misericordioso e amante da xustiza.
Non teñamos medo a adentrarnos neste tempo da Coresma cunha ilusón e unhas gañas renovadas de atoparnos con Xesús e acompañalo neste camiño.
(Do libro de Cáritas: Cuaresma Pascua 2015)




mércores, 17 de decembro de 2014

ADVENTO PARROQUIAL (I e II domingo de Advento B)

Aquí vos deixo duas imaxes do que levamos do Advento na parroquia. 





Operación Kilo, ata o domingo 21

I Domingo: VIXIAR, PREPARAR.

II Domingo: ESCOITAR, CONVERSIÓN.

E en todos os domingos a solidariedade con quen menos ten.


mércores, 10 de decembro de 2014

ADVENTO PARROQUIAL

Xa levamos avanzado, neste tempo de Advento, tres domingos. Queremos dende a parroquia unir, non podía ser de outro xeito, a vivencia deste tempo, como camiño de renovación interior pero tamén, como camiño de renovación comunitaria e social. Que o que vivimos neste tempo sexa reflectido na nosa vida.

Por iso o símbolo e doble:
  • O corazón de cáritas que iremos compoñendo domingo a domingo. Na seguinte entrada porei o que xa levamos feito. Destacamos cada Domingo dúas palabras. Sinxelo e práctico.
 
  • A Opertación Kilo. Queremos ser solidarios e polo tanto que menos que compartir neste tempo de Nadal.. o ideal sería todo o ano pero... Que sexa o comezo de algo novo e renovado.




xoves, 18 de setembro de 2014

CATEQUESE 2014-2015 (Secretariado Diocesano)

Xa nunha entrada anterior, dábamos novas e invitábamos a comezar con ilusión este novo curso catequético. E como na parroquia non podemos, nin debemos, "ir por libre", dende o Secretariado de Catequese mándannos: o cartel de catequese, uns eventos importantes que temos que ter en conta, a programación diocesana e unha carta ás familias. 
Vaiamos por partes:

Cartel do curso de catequese



Destácase neste cartel os dous pilares principais sobre os que xirará este curso catequético. 

  1. Por un lado a Evangelii gaudium: "Chamados a ser Testemuñas alegres do Evanxeo"
  2. Por outro lado o novo catecismo da Conferencia Episcopal Española "Testigos del Señor"


Eventos importantes

"Solemne recepción do novo catecismo Testigos del Señor": 

Na catedral de Tui o sábado día 4 de Outubro ás 12 horas. Todos invitados.


"Asemblea de catequistas de final de curso"

Lugar e horario a concretar o que non queita que xa reservemos estas datas.

Documentos