sábado, 21 de febreiro de 2015


"CONVERTÉDEVOS E CREDE NO EVANXEO"

Comezamos o pasado mércores o tempo da Coresma. Cada paso e cada tempo litúrxico é un reto para a novidade e a esperanza. Esta Coresma que nos toca vivir, vólvenos a pedir que abramos o corazón á Palabra e á vida dos irmáns e irmás, para así, renovar os nosos camiños da vivencia da fe e do compromiso.
A Nova Evanxelización, úrxenos a integrarnos nos procesos que están transformando o noso mundo dende as claves da Conversión e a purificación da fe, para que esta sexa auténtica.
Serán duas as claves fundamentais que nos fagan adentrarnos no misterio litúrxico dos tempos da Coresma e da Pascua que viviremos: por un lado, a chamada a Fe, que esixe a conversión de volver ó primeiro, ó auténtico, que é a persoa de Xesús de Nazaret para coñecelo, amalo e seguilo máis; e por outro lado, dende a fe e como manifestacion da mesma, a conversión do corazón, que está chamado a deixar de ser de pedra, duro, rutinario, indiferente e individualista, para ser de carne, contremplativo, sensible, compasivo, solidario, misericordioso e amante da xustiza.
Non teñamos medo a adentrarnos neste tempo da Coresma cunha ilusón e unhas gañas renovadas de atoparnos con Xesús e acompañalo neste camiño.
(Do libro de Cáritas: Cuaresma Pascua 2015)




Ningún comentario: