Amosando publicacións coa etiqueta LOURIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LOURIDO. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de maio de 2015

FESTA DA VIRXE DA CABEZA (24 e 25 de maio)

Xa está todo preparada para celebrar mañá domingo e o luns a Festa da Virxe da Cabeza. Encomendámonos a nosa Nai María para que a efusión do espírito veña a todos nos. Na Festa de Pentecoste unímonos na pregaria a nosa Nai e pedimos por todas as persoas.

VIRXE DA CABEZA.. ROGA POR NÓS


sábado, 16 de maio de 2015

NOVENA DA VIRXE DA CABEZA (15-23 de maio)

Como todos os anos, onte, venres 15 de maio, comezamos a novena á VIRXE DA CABEZA. Rezarémoslle todos os días na parroquia de Llourido ás nove da tarde. É un momento axeitado para rezar en comunidade, para poñer vaixo a intercesión da Nosa Nai as nosas peticións e de buscar cumprir a vontade do Señor nas nosas vidas.
Quitemos toda superchería e maxia e tratemos de descubir que quere Deus de nós dende unha fe madura e coherente co que vivimos. Quen mellor ca Nosa Nai para axudarnos.

VIRXE DA CABEZA. ROGA POR NÓS.



domingo, 8 de xuño de 2014

FESTA DA NOSA SEÑORA DA CABEZA EN LOURIDO (8 e 9 de Maio)

Hoxe Domingo día 8 (Pentecostés) e mañá luns día 9 celebramos a festa da NOSA SEÑORA DA CABEZA na parroquia de Lourido. Xentes de todas as parroquias do contorno veñen a darlle grazas a Deus pola Nosa Nai a Virxe da Cabeza e ó mesmo tempo mostrarlle as súas peticións.
Ogalla a maior petición sexa, que a forza do Espírito de Deus transforme o noso corazón e nos encha de Amor.
Aquí vos deixo unhas fotos e a oración da Virxe da Cabeza.



 





QUE FERMOSA ES, VIRXEN DA CABEZA,
FEITA MULLER DE ALDEA,
PARA GLORIA E LOUBANZA
DE TÓDALAS MULLERES DE ALDEA!

QUE FERMOSA ES, VRIXEN DA CABEZA,
POBRE ENTRE OS POBRES,
ESPERANZA CERTA
PARA TÓDOLOS POBRES DO MUNDO!

QUE FERMOSA ES, VRIXEN DA CABEZA,
QUE LLE DECHES FE A DEUS,
E QUE DEL RECIBICHES 
A GRACIA DA FIDELIDADE!

QUE FERMOSA ES, VRIXEN DA CABEZA,
CANTANDO O TRIUNDO DOS HUMILDES
E O ABAIXAMENTO DOS PODEROSOS!

AXUDA E PROTEXE, VIRXEN DA CABEZA,
A TODOS OS QUE NOS XUNTAMOS ONDA TI,
DANOS O TEU AMOR E CERCANÍA
COMO FIXECHE O LONGO DE TODA A TÚA VIDA COTIÁ,
OIDANDO E ACONSELLANDO A TÚA CASA,
PREOCUPÁNDOTE E TRABALLANDO
POR TODAS AS PERSOAS QUE A TI SE ACHEGAN.
AMÉN.

xoves, 5 de xuño de 2014

FESTA DA VIRXE DA CABEZA. (8 e 9 de Xuño Parroquia de Lourido)

Como en anos anteriores, que xa non se lembran cando comezaron, celebramos un ano mais a Festa da Virxe da Cabeza na parroquia de Lourido.
Serán os días 8 e 9 deste mes de Xuño, coincidindo coa festa de Pentecoste.
Nese día a Virxe María, en oración cos apóstolos, recibiu a efusión do Espírito. 
Pidamos, pola súa intercesión, que o Espírito de Deus chegue a nós con toda a súa forza, renovándonos e enviándonos á misión con alegría e dispoñibilidade.

Os horarios das celebracións, os dous días serán os seguintes: Eucaristía ás 9, 10, 11 e 12, esta última seguida de procesión.