QUE A NOSA BOCA SEXA MEDIO DE ACLAMACIÓN DA SABEDORÍA DE DEUS
Mirar
os acontecementos da nosa historia só cara arriba é propio da maxia. Miralos
cara atrás é propio da superstición. Porén nós, coma cristiáns, temos unha
mirada propia: cara arriba, confiando en Deus; cara ós lados, buscando aos
irmáns; e cara adiante, construíndo futuro con optimismo, coa ledicia de
sabérmonos acompañad@s.
Mais
sempre temos a tentación da mirada máxica ou supersticiosa. A Pascua é tempo de
espabilar, de renunciar a estas tentacións, de liberarnos das cadeas que
escravizan. Busquemos coa mirada a Cristo, miremos ao irmán imaxe do Resucitado.
(Escoita Activa. Remol. Ascensión A)
Ningún comentario:
Publicar un comentario