Amosando publicacións coa etiqueta VENRES SANTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VENRES SANTO. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de abril de 2015

TODOS MORREMOS EN CRISTO. VENRES SANTO PARROQUIAL


Onte celebrábamos a Paixón do Señor. Dende o silencio, escoitábamos os últimos momentos de Xesús, o de tantas persoas que pasan polo camiño da cruz; por todos pediamos; e uníndonos a todos, comiamos o alimento de salvación.
Aquí vos deixo unhas imaxes do que foi a celebración de onte.

TODOS FOMOS CRUCIFICADOS EN CRISTO NA ESPERA SA RESURRECCIÓN.






venres, 3 de abril de 2015

VENRES SANTO PARROQUIAL


Damos un pasiño mais na Semana Santa. Hoxe xa Venres Santo. Día da cruz... dia dos crucificados. Con Xesús todos estamos crucificados. Pero... e se somos nos os que crucificamos? Onte lavávannos os pes.. hoxe subimos á cruz.
que traxedia a do noso mundo no que tantos son crucificados todos os días. Non miremos para outro lado. 

"Mirade a árbore da Cruz,
na que estivo cravada, a salvación do mundo.
Vinde adorala"

VENRES SANTO Remol. 3 de Abril)

Abrir os ollos poñendo o corazón non no fracaso que entristece, senón na ledicia que nos fai camiñar na esperanza

Palabra, cruz e Comuñón. Tres eixos para situar a celebración deste día:

-   A Palabra que nos chega a través do  Servo sufrinte do profeta Isaías e da lectura da paixón de S.Xoán. No centro desta palabra a persoa de Xesús de Nazaret: Aquel que pasando facendo o ben, foi quen de entregar a súa vida por algo tan pouco cotizado hoxe en día como son os demais. Unha entrega xenerosa e solidaria. E que nos chega hoxe a nós por medio dunha celebración sobria e sinxela.
-  A Cruz que é dor, non podemos negalo, pero tamén é esperanza. A esperanza que dá sentido ao esforzo de tod@s cantos poñen a súa vida a carón das vidas que están a pasar pola experiencia de dificultade, dor, enfermidade, abuso, explotación, engano...; experiencia de cruz, ao fin e ao remate. A todas estas cruces queremos achegarnos esta tarde, non para contemplalas, senón para tender a nosa man e encamiñalas facéndoas camiñar cara a esperanza. A morte foi vencida, e outra cruz, que non sexa a da morte, é posible!
-  A Comuñón que nos fai sentir preto uns dos outros, preocupándonos, axudándonos, compartindo camiño, dores e proxectos no nome de Xesús, o Servo que asume na súa persoa o camiño de novidade .

Que fagamos tod@s o esforzo por converter esta celebración nunha experiencia de renovación e acompañamento solidario na comuñón compartida cos demais en Xesús.

VENRES SANTO B (Lecturas)


EXCLUSIÓN (QuieroVer. Venres Santo)




xoves, 2 de abril de 2015

XOVES SANTO (Remol. Xoves 2 de Abril)


Hoxe é Xoves santo, e para nós os cristiáns é o día no que expresamos que o amor ten que ser a raíz da nosa vida en todo canto fagamos. Entendémolo? Quizais diremos que si; pero, vivímolo? Porque se non somos capaces de vivir os valores do seguimento de Xesús, de pouco ou nada nos vai valer que veñamos á celebración, que nos chamemos cristiáns ou que afirmemos que cremos en Deus. Pensemos en cal é o punto do noso camiño con Deus no que estamos, e esforcémonos por vivir con esperanza, que non con amargura nin rutina, que El quixera quedar con nós, para expresarnos o seu amor, a través dun xesto tan sinxelo aparentemente, pero tan profundo no seu sentido, como é un anaco de pan que poñemos sobre o altar e que logo compartimos.

          É Xoves santo, vivámolo como nos invita Xesús a vivilo: desde o amor.