O sábado pasado día 20, fomos de excursión parroquial ó Acuapark de Amarante en Portugal. Alí fomos unhas setenta persoas entre as parroquias de Moreira, Lourido e Fornelos. O día acompañounos xa que estivo todo despexado e puidemos disfrutar, tanto maiores como pequenos da auga, dos tobog-ans e da sombra. Aquí vos deixo unhas panorámicas do parque. Para o ano que ven máis.
Amosando publicacións coa etiqueta EXCURSIONS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXCURSIONS b>. Amosar todas as publicacións
venres, 26 de xuño de 2015
domingo, 12 de abril de 2015
DATAS DE INTERESE (Maio-Xuño)
Ola a tod@s. Aquí vos deixo unhas datas de interese de aquí a final da catequese.
- 2 de Maio: CONVIVENCIA DE COMUÑÓN. Andaina para nenos e pais de comuñón de fornelos e Moreira. Faremos unha camiñata dende as depuradoras de Tui ata un parque en Caldelas de Tui.
- 10 de Maio: FESTA DOS MAIORES. Como todos os anos homenaxearemos ós nosos maiores cunha Eucaristía e Unción de enfermos ás 13 horas. Logo teremos unha comida fraterna. Durante estes días están a darse as invitacións.
- 24 e 25 de Maio: FESTA DA CABEZA EN LOURIDO. O domingo de Pentecostés e o luns seguinte celebramos en Lourido a festa da Virxe da Cabeza.
- 13 de Xuño: ANDAINA DE CATEQUESE. Faremos unha xornada de convivencia os nenos e nenas que queiran. Sairemos de Fornelos e unirémonos os de Moreira para ir á FRAGA DO REI en Cristiñade. Despois uniranse a nós os pais.
- 20 de Xuño: EXCURSION DE CATEQUESE-PARROQUIALES A AMARANTE. Por motivos de calendario en Vilacoba, temos que atrasar unha semana esta excursión que queda para este día 20. Disfrutaremos todos dun día pasado por auga no Aquapark.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
