Amosando publicacións coa etiqueta EUCARISTÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EUCARISTÍA. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de abril de 2015

XOVES SANTO PARROQUIAL

Un ano máis, as oito da tarde, ímonos xuntar para celebrar o comezo do Triduo Pascual co Xoves Santo. Non queremos que sexa unha rutina, nin un ano máis nin unha celebración valeira de vida, fe, e sobre todo amor.
Este ano co lavatorio dos pes queremos ter presentes a todas as persoas que dun xeito especial pasan pola cruz. A cruz dos :


Hoxe son a eles e a nós a quen lle lavamos os pes. O "Facede isto en memoria de min" tenq ue resoar con mais forza ca nunca no noso corazón e reflexarse nas nosas mans.
Eucaristía e servizo van collidos da man inseparablemente para sempre.


XOVES SANTO (Remol. Xoves 2 de Abril)


Hoxe é Xoves santo, e para nós os cristiáns é o día no que expresamos que o amor ten que ser a raíz da nosa vida en todo canto fagamos. Entendémolo? Quizais diremos que si; pero, vivímolo? Porque se non somos capaces de vivir os valores do seguimento de Xesús, de pouco ou nada nos vai valer que veñamos á celebración, que nos chamemos cristiáns ou que afirmemos que cremos en Deus. Pensemos en cal é o punto do noso camiño con Deus no que estamos, e esforcémonos por vivir con esperanza, que non con amargura nin rutina, que El quixera quedar con nós, para expresarnos o seu amor, a través dun xesto tan sinxelo aparentemente, pero tan profundo no seu sentido, como é un anaco de pan que poñemos sobre o altar e que logo compartimos.

          É Xoves santo, vivámolo como nos invita Xesús a vivilo: desde o amor.