Amosando publicacións coa etiqueta SOLEMNIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SOLEMNIDADES. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de xullo de 2015

ESCOITA ACTIVA (Remol. Santiago Apóstolo)


SERMOS FIEIS Á NOSA FE PASA POR SERMOS FIEIS Á NOSA TERRA

A festa de hoxe, a festa de tod@s @s galeg@s, lémbranos que o único camiño para ser grande é renunciar ao desexo de poder e aprender a servir desde o amor. As persoas que viven desde a xenerosidade, o servizo e a solidariedade son persoas que irradian unha autoridade única. Non precisar dar coba, adular ou ameazar: a súa vida é grande, precisamente, porque saben dala.
Que a festa de Santiago Apóstolo, que non tivo medo nin vergoña de confesar ao Señor, neste noso día de Galicia, sexa un estímulo para nós crentes, na tarefa de facer do noso país un lugar fraterno, solidario, xusto e acolledor sempre desde o servizo e o amor.


venres, 5 de xuño de 2015

CORPUS CRISTI (Escoita Activa. Remol 7 de xuño)


En tempo de dificultade e escaseza, a mesa do altar segue a convocar na comuñón sempre solidaria


Xesús non quere quedar na Igrexa dentro do sagrario. El sae ao noso encontro na rúa. Hoxe coas nosas pegadas mostrarémoslle ao Señor que non sempre somos capaces de ir deixando pegadas de presenza xusta e solidaria por onde pasamos, por iso queremos deixarnos acompañar por El para emendar os nosos erros, os nosos esquecementos, as nosas ausencias e invisibilidades cando nos teñen necesitado. A través dos nosos pés, das nosas mans, das nosas palabras, das nosas... Xesús vólvenos dicir que non se quere ir e deixarnos ao pairo; todo o contrario: El segue a camiñar con e entre nós. O que pasa é que moitas veces, nós, máis alá das flores, non somos capaces de poñer nada, esquecendo que El segue a insistir unha e outra vez: “facede isto en memoria de min”. Desde a súa memoria celebrada e compartida fagamos da nosa oración comunitaria memoria viva e solidaria de fraternidade, porque El está aquí, non marchou.


venres, 29 de maio de 2015

SANTÍSIMA TRINIDADE B (Escoita Activa Remol. 31 de maio)


UNHA FESTA DESDE A POLIFONÍA DE DEUS PARA UN MUNDO CHAMADO A ABANDONAR O MONOCROMATISMO 

Hoxe celebramos a festa da Santísima Trindade, a festa na que o Deus cristián se nos manifesta como presenza permanente ao noso lado. O Pai que nos escolle para ser o seu pobo, o Fillo que nos invita a seguilo e o Espírito Santo que nos alenta, desde o noso camiñar como Igrexa, para que superemos a tentación do pesimismo e a sensación de fracaso. Por iso dicimos tamén que é a festa da polifonía de Deus; é dicir, El ofrécenos moitas músicas para que poidamos interpretar a peza cuxa única letra é: amádevos uns aos outros e ide e anunciade.
Ben aprendida a letra, esforcémonos por poñerlle sempre músicas que nos falen de xustiza, igualdade, dignidade, respecto e solidariedade. Só así entenderemos por que a celebración de hoxe é unha invitación a mirar ao mundo con ollos de cambio, renovación e compromiso.

Poñámonos logo na súa presenza para sentir a tenrura da súa achega a nós.


sábado, 21 de xuño de 2014

CORPUS CHRISTI (Secretariado de Catequese de Galiza)

Dende os Secretariados de Catequese de Galiza deixannos esta axuda para a Solemnidade do Corpus Christi.




xoves, 19 de xuño de 2014

CORPUS CHRISTI A (Domingo XII do Tempo Ordinario. 22 de Xuño)

BEBAMOS DA FONTE DA EUCARISTÍA, FONTES DE DEREITOS E DIGNIDADE COMPARTIDA
Na celebración do próximo domingo, celebración do Corpo e Sangue do Señor, o pan da Eucaristía faise de novo presenza e compromiso. Presenza porque Deus volve querer quedar entre nós dun xeito vivo e real: no pan ofrecido e acollido para ser logo compartido con quen o necesite. Compromiso porque canto celebramos non queda dentro das paredes do templo, senón que ten que movernos a ser pan para quen o precise. Pan de xustiza, pan de fraternidade, pan solidario, pan de visita aos enfermos, pan de acollida a quen está só, perdido ou desorientado... pan, sempre pan que se converte en alimento que afasta de nós a tentación de que endureza pola nosa preguiza, pola nosa indiferenza ou pola nosa falta de ilusión e esperanza. O Deus convertido en pan chámanos a abrir o noso corazón para que canto fagamos sexa sempre acción en defensa daqueles que menos teñen, máis necesitan e aos que ninguén lles presta atención porque os consideran de menos. O amor de Deus que hoxe se manifesta coa celebración deste día é amor de presenza e dignidade; sacramento de encontro e recoñecemento do Deus que non só non nos deixou solos, senón que nos deu o mandado do amor para que vaiamos e pregoemos a súa nova; nova que non pode ser outra ca da fraternidade que tod@s conformamos.
Remol. Escoita Activa. Corpus Christi A

mércores, 18 de xuño de 2014

FICHA E PASATEMPOS DOMINGO 12 DO TEMPO ORDINARIO (CORPUS CHRISTI. 22 de Xuño)

Aquí vos deixo uns pasatempos para os mais peques sobre este domingo de Corpus Christi.






sábado, 14 de xuño de 2014

SANTISIMA TRINIDADE A (Secretariados de Catequese de Galiza)

Dende os Secretariados de catequese de Galiza, propóñennos estas axudas para a Solemnidade da Santísima Trinidade.



venres, 13 de xuño de 2014

xoves, 12 de xuño de 2014

DOMINGO DA SANTISIMA TRINIDADE A (15 de Xuño)

CON AMOR E POR AMOR, DEUS MANIFÉSTASE E PON DIANTE NOSA UN PROXECTO NO QUE IR DESENVOLVENDO ESE AMOR

Nunha sociedade na que as redes sociais, en cuestións de segundos,  son quen de poñer en contacto a milleiros de persoas dun cabo a outro do mundo e de mobilizar e convocar a xente que, malia non coñecerse, comparte uns mesmos ideais; atopámonos co feito de que moita xente, moitas familias viven hoxe na máis absoluta das incomunicacións: comparten a mesma casa, a mesma mesa, o mesmo espazo…pero pouco falan e non se coñecen entre eles. Son incapaces de abrir o corazón para compartir desánimos, plans, proxectos ou ilusións.

Porén, a festa que celebramos hoxe, a Trindade, vén dicirnos que o Deus que se manifesta en Cristo e que envía o Espírito para alentar a nosa vida non quere camiñar só e incomunicado, senón que entra en comuñón con nós. Que non pechemos o corazón á súa chamada.
Remol. Santisima Trinidade A