Amosando publicacións coa etiqueta GALIZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GALIZA. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de xullo de 2015

ESCOITA ACTIVA (Remol. Santiago Apóstolo)


SERMOS FIEIS Á NOSA FE PASA POR SERMOS FIEIS Á NOSA TERRA

A festa de hoxe, a festa de tod@s @s galeg@s, lémbranos que o único camiño para ser grande é renunciar ao desexo de poder e aprender a servir desde o amor. As persoas que viven desde a xenerosidade, o servizo e a solidariedade son persoas que irradian unha autoridade única. Non precisar dar coba, adular ou ameazar: a súa vida é grande, precisamente, porque saben dala.
Que a festa de Santiago Apóstolo, que non tivo medo nin vergoña de confesar ao Señor, neste noso día de Galicia, sexa un estímulo para nós crentes, na tarefa de facer do noso país un lugar fraterno, solidario, xusto e acolledor sempre desde o servizo e o amor.


luns, 11 de maio de 2015

MUSICA PARA AS LETRAS

Aqui vos deixo unha pouca de música de "A Quenlla" para o Día das Letras. Espero que vos guste.



LETRAS GALEGAS 2015 (17 de maio)

Xosé Fernando Filgueira Valverde


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...