Amosando publicacións coa etiqueta SANTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SANTOS. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de xullo de 2015

ESCOITA ACTIVA (Remol. Santiago Apóstolo)


SERMOS FIEIS Á NOSA FE PASA POR SERMOS FIEIS Á NOSA TERRA

A festa de hoxe, a festa de tod@s @s galeg@s, lémbranos que o único camiño para ser grande é renunciar ao desexo de poder e aprender a servir desde o amor. As persoas que viven desde a xenerosidade, o servizo e a solidariedade son persoas que irradian unha autoridade única. Non precisar dar coba, adular ou ameazar: a súa vida é grande, precisamente, porque saben dala.
Que a festa de Santiago Apóstolo, que non tivo medo nin vergoña de confesar ao Señor, neste noso día de Galicia, sexa un estímulo para nós crentes, na tarefa de facer do noso país un lugar fraterno, solidario, xusto e acolledor sempre desde o servizo e o amor.


xoves, 23 de abril de 2015

SAN XURXO (23 de Abril)


A vida de San Jorge tornouse popular en Europa durante a Idade Media, grazas a unha versión bastante "sobria" dos seus traballos. Segundo a tradición, o santo era un cabaleiro cristián que feriu gravemente a un dragón dun pantano que amedrentaba ós habitantes dunha pequena cidade. A xente estaba a piques de fuxir, cando San Xurxo dixo que tiñan só crer en Xesús Cristo para que o dragón morrera. O rei e os seus súbditos converteronse e no punto o monstro morreu.