Amosando publicacións coa etiqueta EFEMÉRIDES GALEGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EFEMÉRIDES GALEGAS. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015 (17 de maio)

Xosé Fernando Filgueira Valverde


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.
Obras realizadas
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...

martes, 24 de febreiro de 2015

178 ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO (24 de Febreiro)


Neste día unha poesía de Rosalía
Nasín cando as prantas nasen,
no mes das froles nasín,
alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen,
ingrato,
todo acabóu para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar pudena
variciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teño máis que darche,

nin ti máis que me pedir.
Tres videos






Espero que vos afiunce na importancia de valorar a nosa lingua e a nosa cultura como canle de humanzación e Evanxelización