FRONTE AO AUTORITARISMO
DE QUEN DOMINA, XESÚS ENTRÉGALLE A PEDRO UNHA MISIÓN CONSTRUÍDA SOBRE O
SERVIZO, NON SOBRE O DOMINIO NIN A IMPOSICIÓN
Cada
mañá ao levantarnos móstrasenos como unha porta que temos que abrir para poder
entrar por ela. A chave desa porta dánola Deus en forma de disposición para
poñer no día que comeza ilusión, gañas, esperanza, capacidade para superar
dificultades ou esforzo por non deixarnos levar da incomprensión de uns para
cos outros. Si, a chave dánola Deus, e nós acollémola ou non, segundo a
implicación de cadaquén á hora de acoller este gran agasallo que se nos fai e
de darlle sentido e contido ao noso abrir os ollos. El ábrenos a porta porque é
quen ten as chaves e nos invita a entrar.
Que saibamos ser agradecidos cara Aquel que non
abandona a obra das súas mans, senón que a pon ao noso dispor para que sintamos
que, desde a nosa liberdade e o noso compromiso, é posible ir construíndo
camiños de humanización e encontro co noso actuar. E que mellor momento ca este
no que xuntos nos sentimos comunidade que se reúne agradecida para dar grazas e
compartir risos e bágoas.
(Escoita Activa. Remol Domingo XXI)
Ningún comentario:
Publicar un comentario