POR QUE, INDA QUE NOS DIGAMOS CRISTIÁNS, SEGUIMOS LAMENTÁNDONOS?
BOTEMOS FÓRA CANTO NOS FAI DESCONFIAR DE DEUS E COMECEMOS A CONSTRUÍR A VIDA
SEN CONVERTER A DEUS NA BANCA QUE NOS DÁ RENDIBILIDADE
Estamos tan afeitos a escoitar
moitas veces as mesmas cousas que acabamos por crelas sen esforzarnos por
discernir, reflexionar ou contrastar. E isto lévanos a facernos crédulos diante
do que máis insistencia pon á hora de dicir as cousas. Porén, Deus ten outro
xeito de ver a realidade e de invitarnos a seguila. Para El o importante non é
canto podemos gañar co que facemos, senón como podemos ser mellores persoas e
máis felices. Verdade que a diferenza é clara?. Pois nin Xeremías nin Pedro,
dos que hoxe nos falan os textos que imos proclamar, o entenderon. Eles estaban
noutras cousas, namentres o Deus Pai en Xesús buscaba abrir novos camiños cos
que seguir cara adiante, sen ter que dar sempre voltas e máis voltas á vida
convertida en redonda. Preguntémonos, tamén nós, con quen queremos estar.
(Escoita Activa. Remol Domingo XXII T.O.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario