DEUS NON FALLA: EN TEMPOS DE ESCASEZA SEGUE A OFRECERNOS A SÚA COMPAÑA E O
SEU XANTAR: “VINDE E COMEDE”
Man aberta e comida son
palabras que hoxe están bastante en crise. Cando hai moito é fácil dar do que
sobra a mans cheas; porén, cando as cousas veñen dadas é de valorar que siga a
haber xente que coa súa man aberta ofrece do que ten. Esta podería ser a imaxe
que nos axudara a entender e nos motivara a participar na celebración de hoxe.
Deus non só non retira a súa man, senón que, se cabe, ábrea moito máis para a
través dela ofrecernos a comida da solidariedade e do amor. Porque.... que
están a ser senón todas as mans abertas das persoas que dedican os seus medios
e o seu tempo a compartir o que teñen para que outros poidan comer cada día, pagar
os seus recibos de luz ou o seu aluguer?. Daquela, que mellor que reunirnos
para dar grazas a ese Deus que a través da súa palabra vai conformando esa
forma de ser que chamamos vida cristiá, Evanxeo, para que o entendamos con máis
claridade.
(Remol. Escoita Activa. Domingo XVIII do Tempo Ordinario)
Ningún comentario:
Publicar un comentario