Onte, día 30 de Xullo, Nacións Unidas, invítanos a reflexionar e valorar a amizade no "Día Internacional da Amizade". Este don tan precioso que entre todos temos que cultivar. Amizade persoal, amizade entre os pobos, amizade de culturas, relixións... que ben nos iría se valorásemos todos a amizade.
E no mesmo día, e cunha temática totalmente diferente, tamén celebramos o "Día Internaciónal contra a Trata de Persoas". Non temos mais que virar a vista ó sur, as nosas fronteiras, onde mafias tratan con inmigrantes como se foran gando. Que gran culpa temos nós que coa nosa indiferenza depredamos o seus recursos nacionais e obrigámolos a emigrar. Pero tamén miremos cara os países do antigo "Telón de Aceiro", especialmente Bulgaria e Romanía, no que tantas mulleres son traídas os países occidentais para prostituilas con falsas espectativas laborais. E que dicir "Do Paso" entre Estados Unidos e México, no que temso medo a contaminarnos cos "Espaldas Molladas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario