NON SEMPRE É DOADO O CAMIÑO. NEL ATOPAMOS COSTAS, CURVAS OU RECTAS QUE NUNCA PARECEN REMATAR; EN TODAS ESTAS SITUACIÓNS EL ACOMPÁÑANOS, PORQUE É UN DOS NOSOS: CARNE DE HUMANIDADE
Como ben sabemos, os camiños da vida son moitos e ben diferentes. A pluralidade das nosas vidas fai que tamén sexan plurais as formas de ilas construíndo. Deste xeito, o que para uns é axuda, para outros é atranco.A pesares desta variedade, o que non deberiamos esquecer nunca os que nos chamamos cristiáns é que, por moi difícil e duro que sexa o camiño, sabemos cal é o horizonte cara onde imos. É máis, sabemos tamén que non imos solos.
Que o camiño da coresma que temos iniciado nos vaia axudando a deixar atrás dificultades e atrancos, para poder chegar con gozo ao seu remate na Pascua.Solo así, a cruz terá sentido pleno, non de morte e tristura, senón de esperanza e plenitude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario