Como en todos os tempos fortes, dende a parroquia de Fornelos e Moreira, queremos vivir este tempo da Coresma dun xeito gráfico. Estamo na era do que entra polos ollos e polo tanto, faremos un símbolo para estas cinco semanas.
O símbolo elixido e unha paisaxe cun rio entre dúas orillas. A primeira Semana partimos dende unha orilla e iremos construindo unha ponte de tres pilares ("ª, 3ª, e 4ª semana) que nos leve a outra orilla (5ª semana).
No sustrato poñeremos as citas bíblicas de casa semana. E iremos pondo no comezo, nos tres pilares e no final, a idea (Transformada nunha pañabra) qe queremos resaltar cada semana.
Espero que isto nos sirva para ir vivindo a Coresma dun xeito mais gráfico. Xa irei colgando en cada domingo a carrespondente entrada cunha breve explicación.
Grazas por adicar un anaquiño do teu tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario