HAI QUE CORTAR A
ROUPA SEGUNDO AS MEDIDAS DA PERSOA....E NON AO REVÉS
O máis importante na vida, nin tampouco dentro da Igrexa,
non é ter éxito e superar aos demais. O verdadeiramente decisivo é ser unha
persoa auténtica e saber medrar coma ser humano. Porén, moitas veces
equivocamos o punto de partida e cremos que, para afirmar a nosa propia vida e
asegurar a nosa pequena felicidade e liberdade, debemos necesariamente dominar
aos demais, sobre todo se son mulleres. Insatisfeitos por non ter sempre o que
queremos, temerosos de perder a felicidade e a liberdade, dominar aos demais
convértese nunha necesidade. E así manipulamos e utilizamos a quen é máis débil
ca nós, esforzándonos por mantelo ao servizo dos nosos intereses.
A festa
que celebramos hoxe, a Asunción da Virxe, lémbranos que existen outros camiños
para ser autenticamente grandes: aprender a servir sinxelamente desde unha
postura de amor fraterno. As persoas que, como María, viven desde a
xenerosidade, o servizo e a solidariedade son persoas que irradian unha
autoridade única. Non precisan facer a pelota, adular, ameazar ou amedrentar. A
súa vida é grande, precisamente, porque saben dala. Que ese sexa tamén o noso
camiño.
(Escoita Activa. Remol. Festa da Asunción da Virxe ós ceos)

Ningún comentario:
Publicar un comentario