COMO AUGA DE MAIO, A FE TAMÉN É SEMENTE
QUE ENCHOUPA OS CORAZÓNS PARA QUE DEAN BO FROITO
A
vida é un continuo ir sementando por onde imos pasando. Sementamos boas obras,
ou malas; sementamos paz, ou enfrontamento; sementamos testemuño, ou
antetestemuño... Pero a nosa sempre é unha sementeira diante da que debemos
estar termando, para que as malas herbas non tapen o froito do que facemos ben.
Xesús invítanos hoxe a que revisemos como estamos a preparar a terra do corazón
para que a semente que El vén de sementar dea froito abondoso de boas obras e
actitudes que nos fagan máis xustos, solidarios e honestos; non deixando que
nin as malas herbas nin a pouca fondura da terra sequen canto hai de bo no noso
corazón.
(Escoita Activa. Remol. Domingo XV do Tempo Ordinario)
Ningún comentario:
Publicar un comentario