domingo, 13 de xullo de 2014

FESTA DAS DORES E COMUÑÓNS 2014 (13 de Xullo)

Hoxe, 13 de Xullo, celebramos na parroquia, o Día da "Festa das Dores". Durante nove días estivémonos a preparar para a festa. No evanxeo falábasenos de que saiu o sementador a sementar.. pero necesita bo tempo, unha época do ano concreta, ánimo e ilusión de que o que sementa, vai dar froito. É a nosa Nai María quen intercede para que esas condicións se den na nosa vida. Para que teñamos un corazón ben disposta para acoller esa semente de salvación que Xesús pon no noso corazón.
E como a semente vai medrando, e deso encárgase Deus, hoxe celebramos tamén as "Primeiras Comuñóns" de: Nerea Brandao, Nerea Casales, Sara Ferreira, Sara Pino, Paula, Marta, Laura e Iker. Un paso importante que dan na súa iniciación cristiana e, ó mesmo tempo, un "si" que ainda que pequeno, abre o seu corazón para acoller esa semente con ilusión. 
Pidamos todos por elas para que "O Señor que comezou a sua obra boa, el mesmo a leve a termino"
Aquí vos deixo dúas fotos e, logo, na páxina de fotos, poderedes ver un video da Celebración e da Procesión.




Ningún comentario: