Chegados a este tempo compre destacar as seguintes datas:
- A SEMANA SANTA comezará o vindeiro Domingo 13 de Abril co "Domingo de Ramos" e rematará o domingo 20 de Abril co "Domingo de Resurrección".
- A FESTA DOS MAIORES será o vindeiro domingo día 18 de Maio. Durante o tempo sa Semana Santa repartiranse as invitacións a todas as persoas maiores de 70 anos e que vivan na parroquia de Fornelos e Lourido.
- A CONVIVENCIA DE COMUÑÓN será o día 10 de Maio. Aínda está por determinar o sitio onde a faremos. O horario aproximado é de 10 a 17 horas.
- A CONVIVENCIA DA CATEQUESE será o día 7 de Maio. Sairemos andando da parroquia e recolleremos polo camiño os nenos e nenas da catequese de Moreira e remataremos "Na Fraga do Rei" en Cristiñade. Para a comida uniránsenos os pais/nais dos nenos xa que queremos que sexa un día de convivencia para todos. Os pais que non poidan ir non hai problema porque estarán catequistas cos nenos tanto na ida como na comida.
- A festa da VIRXE DA CABEZA DE LOURIDO será os días 8 e 9 de Xuño, comezando a novena o día 30 de Maio.
- A festa da VIRXE DAS DORES será o domingo 13 de Xullo. A novena comezará o venres día 4. Ese mesmo día recibirán a primeira comuñón os nenos e as nenas de 3º ano de catequese.
Sen determinar a data está a peregrinación a Santiago que organiza a Asociación de Veciños. Será aló pola segunda semana de Agosto. Cando saibamos máis xa vos daremos información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario