O DON DA AMIZADE: UN AGASALLO QUE SEMPRE TEMOS
QUE COIDAR E NUNCA DEBEMOS PERDER
Dentro da fondura que hoxe nos presentan os
textos da celebración, podemos fixarnos nun aspecto que ao mellor pasa
desapercibido: o valor da amizade. Temos escoitado moitas veces o evanxeo de
Lázaro, e seguro que nos teñen falado de moitas cuestións que nos axudan a
entendelo, pero ao mellor foron poucas as veces nas que nos invitaron, a
partires da lectura deste texto, a revisar as nosas actitudes e os nosos
comportamentos á hora de tratar cos amigos.
Ter un amigo, dise moitas veces, é ter un
tesouro, e os tesouros, porque son moi importantes e teñen valor, debemos
coidalos. O mesmo pasa coa amizade: saber que podemos gozar da capacidade de
escoita, acollida, axuda, solidariedade, confianza... dun amig@ é o mellor dos
tesouros.
Isto entendérono ben as irmás de Lázaro, e o
mesmo Xesús. Por iso, diante da situación de Lázaro, o amigo, elas mandan chamar
por Xesús, e El sente a tristura e a pena cando lle contan o que lle pasara.
Que tamén nós saibamos coidar con todo agarimo e xenerosidade dos amigos, para
así sentir a ledicia agradecida de sabérmonos queridos e acompañados.
(
UNIDADE
PASTORAL DAS SETE PARROQUIAS ENTRE
O CEO E A TERRA)
Ningún comentario:
Publicar un comentario