Amosando publicacións coa etiqueta XERAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XERAL. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de xuño de 2014

MEMORIA ANUAL DE ACTIVIDADES DA IGREXA


O día 9 de Xuño, a Conferencia Episcopal Española, presentou a "Memoria Anual de Actividades da Igrexa en España 2012". Toda unha labor ó servizo da sociedade, non so dos bautizados senón de todos os cidadáns sen importar credo, nin raza, nin ideoloxías. Só necesitalo.
Celebrando mañá o día da Caridade, estos sí é "Construir espazos de fraternidade"
Aquí vos deixo o enlace, na imaxe, da páxina web onde podedes atopar toda a información de esta gran labor.

"Fai clic"na Imaxe


mércores, 4 de xuño de 2014

CAMPAMENTOS PARROQUIAIS

Como todos os anos ó chegar o Verán chega a calor e a praia, e nos imos a San vicente do Grove. Aquí vos deixo as datas e a autorización coa información detallada.

  • MAIORES: Do día 7  ó 12 de Xullo.
  • PEQUENOS: Do día 13 ó 16 de Xullo.

Autorización e información


UNA NUEVA MIRADA. Domingo de Pentecoste (Quiero ver)

Dende "quiero ver" deixannos este video para que reflexionemos e oremos no día de Pentecoste


PRÓXIMAS DATAS DE INTERESE


Aquí vos deixo unhas datas que poden ser do voso interese.

  • Día 7 de Xuño: Andaina á Fraga do Rei. Sairemos das Fraguiñas ás 10:15. Os nenos que vaian sos teñen que traer autorización dos pais. 
  • Días 8 e 9 de Xuño: FESTA DA VIRXE DA CABEZA. Como todos os anos, o día de Pentecoste e o seguinte, celebramos na parroquia de Lourido a festa da "Virxe da Cabeza". Teremos celebracións da Eucaristía, os dous días, as 9, 10, 11 e 12 da mañá. 
  • Día 24 de Xuño: Día do Patrón. Teremos celebración da Eucaristía ás 8 da tarde.
  • Día 13 de Xullo: FESTA DA VIRXE DAS DORES. Eucaristía as doce e Primeiras Comuñóns.

luns, 2 de xuño de 2014

MENSAXE DA CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA CON MOTIVO DA FESTIVIDADE DO CORPUS CHRISTI (Día da Caridade, 22 de Xuño)




Aquí vos deixo a mensaxe da Conferencia Episcopal Española para o día da Caridade.

XORNADA MUNDIAL DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL (1 de Maio)


Onte, 1 de Xuño, a Igrexa celebra a "Xornada Mundial dos Medios de Comunicación Social" baixo o lema "La comunicación al servicio de una auténtica cultura del encuentro"
No noso mundo, tan interconectado, a "Aldea Global" (Marshall McLuhan), cobra unha maior relevancia xa que a información chega ó momento. Fecebook, Twitter, Instagran, Google+, Pinterest,... son plataformas de comunicación e de compartir ideas, valores, proxectos, cooperacións, etc... de aí a importancia de que os cristiáns esteamos inxertados activamente nestes medios. Son as novas "Azoteas da Información".
Despois da tempestade de comentarios desafortunados e delictivos en  Twitter a raiz de algúns feitos desgraciados, a mensaxe que nos propón a Igrexa para este día é todo o contrario. É a cultura do encontro a que nos chama a implicarnos no: encontro de ideas, encontro de culturas, encontro de sensibilidades, encontros de opinións...
Non teñamos medo e evanxelicemos dende estas novas plataformas que a tecnoloxía pon ó servicio de tod@s.

Si "facedes clic" na imaxe da campaña teredes un enlace os materiais da campaña.


sábado, 31 de maio de 2014

mércores, 28 de maio de 2014

LA ASCENSIÓN DEL SEÑOR, Ciclo A (Queremos ver)


Dende "Quiero Ver" invítannos, como sempre e tan ben, a reflexionar sobre a festa do próximo Domingo día da Ascensión.





luns, 26 de maio de 2014

VIAXE DO PAPA FRANCISCO A TERRA SANTA (24-26 de Maio)

Do día 24 ó 26 deste mes de Maio, o Papa Francisco, esta facendo (remata hoxe) unha viaxe a Terra Santa. Empezando en Xordania e Rematando en Israel, percorre un camiño de reconciliación e paz. Aquí vos deixo un enlace da Santa Sede con todos os actos do Viaxe



Clica na imaxe

venres, 23 de maio de 2014

MANS UNIDAS. CAMPAÑA 2014 "Un mundo nuevo, proyecto común"

Aquí vos deixo o video da Campaña de Mans Unidas para este ano 2014. "Un mundo novo, proxecto común". 
Así o presenta Mans unidas na súa páxina web
(http://www.manosunidas.org/unmundonuevoproyectocomun)

"El desarrollo de los pueblos depende, sobre todo, de que se reconozcan como parte de una sola familia, que colabora con verdadera comunión y está integrada por seres que no viven simplemente uno junto al otro” (Caritas in Veritate)

En 2014 iniciamos la Campaña LV,  enraizada en el Objetivo de Desarrollo del Milenio número 8, “Fomentar una Asociación Mundial para el Desarrollo”, y con el lema “Un mundo nuevo, proyecto común”. Esta Campaña nos sitúa en el camino de la fraternidad universal, como condición necesaria para un desarrollo en plenitud, un desarrollo que ha de fundarse en la verdad, la justicia, el amor y la libertad. Y cuatro palabras clave definen nuestra acción: esperanza, mundo, nuevo y común.

martes, 20 de maio de 2014

PASCUA DEL ENFERMO (25 de Maio)

O día 25 de Maio celebramos a Pascua do Enfermo. Dende a parroquia xa nos adiantamos ó pasado domingo 18. Aquí vos deixo unha serie de materiais que nos poden servir de axuda e reflexión. Quen de nós non tivo ou ten un enferno na casa ou na familia?

luns, 19 de maio de 2014

TIEMPO DE AMAR (Domingo VI de Pascua)

Desde "Quiero Ver" propóñennos este video para reflexionar sobre a cantidade de tempo que perdemos ou que malgastamos en tonterias. Espero que vos aproveite.

 


domingo, 18 de maio de 2014

FESTA DOS MAIORES 2014 (18 de Maio)

Hoxe Domingo día 18 de Maio, Celebramos a Festa dos Maiores da nosa parroquia. Están invitadas todas as persoas que pasen ou cumpran os 70 anos durante este 2014 e que vivan na nosa parroquia. É un recordo, un "GRACIAS", unha festa que queremos decicarllo a eles por ternos dado todo oq ue somos nos neste momento, así como por ser "Pedras Vivas" da parroquia, sempre adiante. Xa imos polo nº XXII  seguiremos dándolle grazas a Deus. Aquí vos deixo unha foto dos homenaxeados. Logo na sección de fotos teredes o álbum completo.


E aproveitando que na celebración se administrou o sacramento da Unción dos Enfermos, Hoxe falamos e profundizamos no seu significado e na importancia que ten como "Sacramento de curación"



sábado, 17 de maio de 2014

DIA DAS LETRAS GALEGAS: Xosé María Díaz Castro (17 de Maio)

Xosé María Díaz Castro

Homenaxeado Ano 2014


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).
Currículum
Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. 
Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.
Outros datos de interese
O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).

FICHA DOMINGO V DE PASCUA





martes, 13 de maio de 2014

domingo, 11 de maio de 2014

DÍA INTERNACIONAL DE ORACIÓN POR LAS VOCACIONES (11 de Maio)

Hoxe Domingo IV de Pascua (Día do Bo Pastor) a Igrexa quere que, recemos por todas as vocacións á vida cristiá. Polo Bautismo todos os cristiás estamos chamados ó seguimento de Xesús alí onde nos atopemos, e ó mesmo tempo a atopar o noso sitio na Igrexa e na sociedade. Esto é sendo cristiáns e cristiás casados, consagrados, solteiros.. o importante é que entendamos eso como unha vocación de seguimento e de servizo.
Nos non estamos para facer o que fan todos, nin deixarnos ir pola inercia do "sempre se fixo así..." Non teñamos medo a reflexionar e a rezar, pedíndolle a Deus que nos descubra o camiño da vocación.


sábado, 10 de maio de 2014

CONVIVENCIA COMUÑÓN (10 de Maio)

Este sábado 10 de Maio, tivemos unha xornada de convivencia entres os nenos que fan a comuñón este ano, tanto de Fornelos como de Moreira, os pais e os catequistas. Partimos das respectivas parroquias ata a praia fluvial de Mondariz.
Unha vez alí fomos camiñando, admirando o entorno maravilloso do rio Tea, ata Mondariz Balneario e así de volta outra vez.
Aproveitamos antes de comer para facer unha dinamica dos sacramentos cos nenos. Tratábase de descubrir e unir os sete sacramntos cuns dibuxos e unhas citas da Biblia que falaban deles.
Unha vez rematado o traballo comimos e tivemos o resto da xornada ata as catro e media mais ou menos para convivir entre todos nós.
Aquí vos deixo unhas fotos, o resto estará na sección de fotos onde mas poderedes solicitar.







domingo, 4 de maio de 2014

DOMINGO 4 DE MAIO DÍA DA NAI. MAIO MES DE MARÍA

Hoxe, por imposición comercial, creo eu, xa asimilada por todos nós, celebramos o día da "Nai". Así que non está de mais que felicitemos as nosas nais, as presentes e as ausentes, xa que nunca deixarán de ser. É tanto o que temos que agradecer que con un abrazo, un bico, e un "Gracias Mama" podémolo resumir, máis que con algo material que nunca expresará tan profundamente o que nos as queremos. 
E xa de paso tamén lle damos grazas a Deus pola nosa "Nai do Ceo" a Virxe María. Unha madraza que sempre está ahí, que a través do cariño, da dedicación, e o amor das nosas nais nos mostra o moitoque nos quere. Neste mes dedicado a ela queremos dicirche: "SI MARÍA"




  • SÍ A DEUS. 
  • SÍ A QUEN ESTÁ O NOSO CARÓN.
  • SÍ A ESTAR DISPOSTO.
  • SÍ Ó CONPARTIR.
  • SÍ A NON INDIFERENCIA.
  • SÍ A DISNIDADE DE TODO O CREADO PERO SOBRE TODO DAS PERSOAS.
  • SÍ Ó COMPROMISO.
  • SÍ Ó AMOR DESINTERESADO.
  • SÍ... (cada un pode poñer nestes puntos suspensivos todo ó que diría sí na súa vida)