Este sábado 10 de Maio, tivemos unha xornada de convivencia entres os nenos que fan a comuñón este ano, tanto de Fornelos como de Moreira, os pais e os catequistas. Partimos das respectivas parroquias ata a praia fluvial de Mondariz.
Unha vez alí fomos camiñando, admirando o entorno maravilloso do rio Tea, ata Mondariz Balneario e así de volta outra vez.
Aproveitamos antes de comer para facer unha dinamica dos sacramentos cos nenos. Tratábase de descubrir e unir os sete sacramntos cuns dibuxos e unhas citas da Biblia que falaban deles.
Unha vez rematado o traballo comimos e tivemos o resto da xornada ata as catro e media mais ou menos para convivir entre todos nós.
Aquí vos deixo unhas fotos, o resto estará na sección de fotos onde mas poderedes solicitar.
|
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario