O día 24 de maio, día de Pentecostés, o Papa Francisco regalounos a todos a encíclica "Laudato Si" (Alabado sexas). Unha encíclica de carácter marcadamente ecoloxista pero non ecoloxicista. A ecoloxía do humano como centro que respeta a vida global. Pero mellor ca min deíxovos duas reflexións de Clodomiro Ogando Durán, que é profesor de Teoloxía Moral Social do Instituto Teolóxico de Vigo.
Os océanos son o corazón do noso planeta. Da mesma forma que os latexos do corazón fan que o sangue circule por todo o corpo, os océanos conectan as persoas de todo o mundo, con independencia de onde vivan. Tamén regulan o clima, alimentan millóns de persoas, producen osíxeno, son o hábitat dunha gran variedade de seres vivos e proporciónannos medicinas e moitos máis recursos. Para garantir a saúde das nosas comunidades e das xeracións futuras é imprescindible que coidemos aos océanos coa mesma intensidade que eles coidan de nós.
O lema deste ano é «Uns océanos sans, un planeta san». Lamentablemente, algunhas actividades humanas, como a pesca ilegal, as prácticas de acuicultura insostibles, a contaminación mariña e a destrución do hábitat e as especies exóticas, así como o cambio climático e a acidificación dos océanos, teñen un impacto negativo sobre os océanos e os mares.
A contaminación por plástico representa unha grave ameaza porque degrada os océanos moi lentamente e os seus efectos perduran no tempo. Ademais, dana a saúde dos animais e organismos acuáticos, que confunden as partículas de plástico por comida. Os científicos tamén están a estudar o impacto deste tipo de contaminación nos humanos.
"Tomar en serio os delitos graves contra a fauna significa obter o apoio de todos os sectores da sociedade implicados na elavoración e consumo de produtos derivados de animais salvaxes , amplamente utilizados como medicamentos , alimentos , material de construción , móbiles , cosméticos , roupa e accesorios . "
Secretario Xeral Ban Ki-moon
Mensaxe do Día Mundial para a Natureza
03 de marzo de 2015
O Día Mundial da Natureza bríndanos a portunidade de celebrar a beleza e a variedade da flora e da fauna salvaxes, así como de tomar conciencia da multitude de beneficios que a conservación de estas formas de vida ten para a humanidade.
A celebración deste día lémbranos tamén, a necesidade urxente de combatir os delictos contra a natureza, que levan consecuencias de gran alcance no ámbito económico, medioambiental e social.
E como non, nos os cristiáns, somos co creadores con Deus e polo tanto garantes da preservación da natureza. Deixémoslle un mundo mellor para os nosos fill@s e net@s.