«Uns océanos sans, un planeta san»
Os océanos son o corazón do noso planeta. Da mesma forma que os latexos do corazón fan que o sangue circule por todo o corpo, os océanos conectan as persoas de todo o mundo, con independencia de onde vivan. Tamén regulan o clima, alimentan millóns de persoas, producen osíxeno, son o hábitat dunha gran variedade de seres vivos e proporciónannos medicinas e moitos máis recursos. Para garantir a saúde das nosas comunidades e das xeracións futuras é imprescindible que coidemos aos océanos coa mesma intensidade que eles coidan de nós.
O lema deste ano é «Uns océanos sans, un planeta san». Lamentablemente, algunhas actividades humanas, como a pesca ilegal, as prácticas de acuicultura insostibles, a contaminación mariña e a destrución do hábitat e as especies exóticas, así como o cambio climático e a acidificación dos océanos, teñen un impacto negativo sobre os océanos e os mares.
A contaminación por plástico representa unha grave ameaza porque degrada os océanos moi lentamente e os seus efectos perduran no tempo. Ademais, dana a saúde dos animais e organismos acuáticos, que confunden as partículas de plástico por comida. Os científicos tamén están a estudar o impacto deste tipo de contaminación nos humanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario