Amosando publicacións coa etiqueta DINAMICAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DINAMICAS. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2015

PASCUA PARROQUIAL (Domingo VI. 10 de maio)


Quedou atrasada esta foto da azalea. O AMOR é o que fai brotar todas as flores, ainda que case ó remate da pascua, é o que sempre nos acompaña. Non teñamos medo a querer e a deixar que outras persoas nos queiran, tendo presente que é a base de todo.
"Amádevos uns a outros como eu vos amei"

sábado, 2 de maio de 2015

PASCUA PARROQUIAL (III e IV Domingo)


Aquí vos deixo a última imaxe. A azalea coas catro flores da Pascua. Como o domingo pasado non puxemos entrada, tamén incluo nesta o domingo III.

O domingo III con Felipe, viviamos a CONFIANZA. Valorábamos a confianza que Deus ten en nós, na nosa vida, no valiosos que somos, nas nosas cualidades pero sobre todo no noso amor. Esto invítanos a confiar nós nos demais. Non teñamos medo.

No domingo pasado, IV domingo, reflexionávamos a inportancia de ESCOITAR. Escoitar a Deus nas nosas vidas, a voz do PASTOR BO, descubrir a súa vontade. E a súa vontade, e que non permanezamos indiferentes, que escoitemos o sentir da sociedade, do pobo, da familia, dos amig@s. Escoitar a Deus, é sobre todo escoitar ó outr@, xa que Deus, fala por medio del@s nas nosas vidas.