Aquí vos deixo a última imaxe. A azalea coas catro flores da Pascua. Como o domingo pasado non puxemos entrada, tamén incluo nesta o domingo III.
O domingo III con Felipe, viviamos a CONFIANZA. Valorábamos a confianza que Deus ten en nós, na nosa vida, no valiosos que somos, nas nosas cualidades pero sobre todo no noso amor. Esto invítanos a confiar nós nos demais. Non teñamos medo.
No domingo pasado, IV domingo, reflexionávamos a inportancia de ESCOITAR. Escoitar a Deus nas nosas vidas, a voz do PASTOR BO, descubrir a súa vontade. E a súa vontade, e que non permanezamos indiferentes, que escoitemos o sentir da sociedade, do pobo, da familia, dos amig@s. Escoitar a Deus, é sobre todo escoitar ó outr@, xa que Deus, fala por medio del@s nas nosas vidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario