sábado, 22 de agosto de 2015

OLLOS ABERTOS (Remol. Domingo XXI do Tempo Ordinario B)


Palabras de vida para un mundo enchoupado de morte, esquecemento, indiferenza e exclusión. Señor, que nunca deixemos de escoitar a vida que traen as túas palabras!


Dinos o evanxeo de hoxe que o Señor ten palabras de vida, palabras que alentan cando xa todo parece perdido, palabras que nos fan recobrar a fe no ser humano ao sentir a dor e a frustración pola capacidade que temos de facer dano uns aos outros; palabras que nos insisten, unha e outra vez, en que somos dignidade, fin e non medio, capacidade, posibilidade e proxecto sempre realizándose e nunca rematado. Deixemos que estas palabras enchoupen o noso corazón e nos fagan abandonar o noso escepticismo, a nosa mesquindade e a dúbida permanente de que todo dá o mesmo porque nada pode cambiar.
(Ollos abertos. Remol XXI do Tempo Ordinario B)

Ningún comentario: