CANDO ACTUAMOS CON MEDO DEIXAMOS DE SER LIBRES PARA CONVERTERNOS EN SOMETID@S E ESCRAV@S
RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS
O medo, esa palabra que cando a escoitamos a poñemos sempre en relación co negativo. Si, porque o medo non deixa que sexamos libres; o medo inhíbenos á hora de tomar decisións; o medo fai que moitas veces renunciemos a dar razón das nosas esperanzas e conviccións. Nunha palabra: o medo entra en nós para converternos en todo o contraio a ser nós mesmos. Cantas veces nos temos arrepentido de ter actuado con e por medo!
Para Xesús, o medo é o que impide dicirlle si á súa proposta de facer da nosa vida unha experiencia de encontro, de escoita, de seguimento.
Nestes tempos nos que tendo moita información vémonos moitas veces incapaces de procesala e entendela, necesitamos perder os medos e retomar o actuar desde as conviccións e o compromiso, e non só facerlle caso aos que elaboran esa información para beneficio propio como nos queren facer crer.
Necesitamos comprometernos en dicirlle si á invitación que nos fai Xesús de facer da súa mensaxe non dogma, senón vida e presenza que anime e una na tarefa común.
(Ollos abertos. Remol Domingo XII do Tempo Ordinario)
Ningún comentario:
Publicar un comentario