Só quen sementa poderá entender a ledicia de quen recolle o froito
Sementar. Si, a sementeira é para nós tarefa permanente ao longo da vida. Sementar actitudes que nos levan a achegarnos aos demais; sementar valores desde os que ir construíndo a vida; sementar compromisos que nos unen na busca do ben común; sementar testemuños de vida que non se deixan levar do derrotismo nin do desconsolo. Si, sementar é polo tanto para nós, os cristiáns, unha constante esixencia de darlle á mensaxe de Xesús a visibilidade a través do que cremos, dicimos e facemos. Pero para poder sementar é necesario preparar a terra e escoller ben a semente. A terra na que vivimos, onde nos atopamos cos que nos alentan e tamén cos que máis nos custa tratar, pero para esa terra a mellor de todas as sementes é a que nos ofrece Xesús no Evanxeo. Dispoñámonos a coidala para que, unha vez sementada, dea os mellores froitos.
(Escoita Activa. Remol Domingo XI do tempo Ordinario B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario