venres, 15 de maio de 2015

DÍA DA ASCENSIÓN (Escoita Activa. 17 de maio)


Unha fe que non sabe poñer os ollos fitando o rostro doído dos irmáns e só mira para o ceo é unha fe pra entreter e enganar


Neste domingo da Ascensión somos invitad@s a poñer a mirada no mundo do que formamos parte e que imos construíndo entre tod@s. Mirar, e facelo sen medo nin volvera vista, non é tarefa doada. Moitas das imaxes que van aparecendo diante dos nosos ollos son difíciles de entender nunha sociedade que se di avanzada, moderna e permanentemente aberta á comunicación. E son difíciles de entender porque nesa mirada imos atopando violencia -moita e cada vez máis-, indiferenza ante a dor dos demais, engano e mais mentira. Como vai ser doado manter os ollos nesa mirada! Claro que preferiríamos imaxinarnos que o mundo é unha película onde as cousas non son reais; pero non é así, por iso non é fácil soster, como dicimos, esa mirada.Mais temos que facelo, e a festa deste domingo lémbranolo de xeito permanente: non podemos quedar mirando ao ceo, senón ao fronte, aos irmáns. Que saibamos descubrir que ademais da mirada, sempre podemos poñer corazón e mans para que o horror do que vemos se vaia cambiando á solidariedade e esperanza.
(Escoita Activa. Remol Ascensión B)



Ningún comentario: