martes, 3 de marzo de 2015

DOMINGO III DE CORESMA (Remol. Escoita Activa)


A importancia do ser sobre o ter: somos persoas, somos dignidade, somos libres, somos... fillos e fillas, queridos e agarimados por Deus

Que importante é saber quen somos, e que ninguén nos poida confundir. Nas nosas parroquias é habitual escoitar a pregunta: é ti de quen ves sendo? para coñecer a identidade, as raíces o de onde de cada un de nós. Hoxe, os textos que imos proclamar na celebración non necesitan preguntarnos nin quen somos nin de quen somos. Sabémolo: somos fillos e fillas de Deus, e polo tanto iguais en dignidade e merecedores, tod@s, do mesmo respecto. Non son os números das contas correntes, nin os rexistros da propiedade con posesións ao noso nome nin tampouco a capacidade de famosear por televisións e revistas o que nos dá a identidade, senón o saber que compartimos un mesmo Pai que nos quere e agarima, e que nun acto de xenerosidade total nos ofrece ao seu fillo coma un igual, para facer, o mesmo ca nós e con nós, a nada doada travesía da vida. É este o gozo que nos leva a poñer o respecto e a dignidade non en consensos nin en acordos, senón no patrimonio que temos en común: a dignidade que nos iguala, identifica e diferenza dos demais seres vivos. Isto é o que esta mañá queremos, xunt@s, celebrar, compartir e agradecer.



Ningún comentario: