DEUS
QUERE MISERICORDIA....... NON SACRIFICIOS
Vivimos nunha
sociedade deshumanizada, na que a valía das persoas é proporcional ao
rendemento que delas podemos obter. Unha sociedade de descartes, como di o papa
Francisco, que bota fóra á xente maior, prescindindo así de toda a súa ampla
experiencia de vida e que bota fóra tamén aos nenos e á mocidade porque
non son rendibles, xa que hai que investir na súa formación. E é que a lei do
mercado, a lei da oferta e da demanda, non permite sentimentos, non lle convén que perdamos o
tempo en pensar. O resultado está á vista: non cremos no que facemos, fáltanos
capacidade para a tenrura, poñemos a norma por riba das persoas, contentámonos co
cumprimento, esquecemos valores e conviccións... E deste xeito ímonos baleirando
por dentro, ímonos insensibilizando, e mesmo desculpamos e adoptamos
comportamentos a todas luces inmorais, que escravizan ás persoas.
E resulta que chega Xesús e dinos que o amor é a primeira e a única lei.... Que
paradoxo, non si?. Prestemos atención á súa palabra e deixemos que vaia
renovando e vitalizando a nosa vida, porque se non hai amor, para que serve a
lei?... Simplemente para facernos escravos dela.
(Escoita Activa. Remol. Domingo XXIII)

Ningún comentario:
Publicar un comentario