É FESTA NA NOSA TERRA!.
QUE MELLOR MOMENTO PARA COMPARTIR E AGRADECER A NOSA IDENTIDADE, A NOSA FE, A
NOSA XENTE?
Agradecid@s.
Si, este pode ser hoxe o adxectivo que nos axude a centrar a celebración que imos
comezar. Agradecid@s porque formamos parte dunha comunidade que reza de xeito
solidario polos demais, sexan de aquí ou vivan a milleiros de quilómetros. A fe
é universal. Non pode pecharse nun curral para que non saia, e sexa só para nós.
Agradecid@s tamén porque esa fe podemos vivila cos pés na terra, facendo nosos
“os gozos e as esperanzas, as tristuras e angustias“ dos homes e mulleres que
viven ao noso lado, co realismo e a tenrura coas que tamén Xesús soubo vivir
coa xente do seu tempo os seus problemas e as súas ilusións.
Neste día do Apóstolo; neste día de
Galicia, poñamos os pés no chan, abramos ben os ollos e fagamos unha oración
sinxela e sincera fitando cara ao ceo.
(Remol. Escoita Activa. Santiago Apóstolo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario