martes, 15 de xullo de 2014

DOMINGO XVI DO TEMPO ORDINARIO A (20 de Xullo)

NON HAI XUSTIZA SEN HUMANIDADE:
SÓ RECOÑECENDO AO OUTRO COMA IGUAL PODEMOS POÑER EN PÉ A GRAN TAREFA DO REINO


            Unha das frases da primeira lectura de hoxe dinos que “ao xusto lle cómpre ser humano”. Por aquilo de que as lecturas se dividen en tres ciclos, as persoas que adoitamos participar os domingos nas celebracións da comunidade cada tres anos temos escoitado esta frase. Porén, quizais a pesares de tela escoitado moito, non lle temos prestado a atención que ela merece, porque en algo tan sinxelo como son estas seis palabras, agóchase unha estupenda síntese na que poderiamos resumir a fe cristiá. A salvación da que tantas veces falamos en abstracto non ten outra concreción que a capacidade que nós teñamos de ir facendo visible a xustiza de Deus e o recoñecemento da humanidade no actuar en relación cos demais. Só deste xeito poderemos poñerlle rostro e sentido ás palabras. Do contrario non faremos máis ca poesía, pero a poesía non é seguimento de Xesús nin construción do reino ao que nos chama o evanxeo. Dispoñamos logo o corazón para participar desta celebración, que será gozosa e esperanzada se os que participamos nela nos achegamos dispostos a poñer o mellor de nós. 
(Escoita Activa. Remol Domingo XVI do Tempo Ordinario A)



Ningún comentario: