Un ano mais celebramos os días mais impotantes e intensos da nosa fe. As celebracións son as mais ricas en símbolos e en intensidade e ainda así, seguimos sen darlle a importancia debida. Pasamos por estos dias ou por cumprir ou porque algunhas celebracións, que non todas, son bonitas, pero eso si... moi moi longas.
Imos a ir un pouco mais despacio antes de cruzar a porta desta Semana.
COMEZAMOS?
COMEZAMOS?
DOMINGO DE RAMOS.
É a porta. Ó igual que xesús entrou en Xerusalén, nos entramos na Semana Santa. Saimos cos ramos a recibir a Xesús que quere que o acompañemos nestos días. Non quere sentirse solo e invítanos a que vivamos con el a intensidade da vida.
HOSANNA!!!! BENDITO O QUE VEN NO NOME DO SEÑOR. HOSANNA!!!! Pero non sexamos ilusos. Se queremos vivir estes dáis con intensiade temos que rematar de morrer a nos mesmos, renunciar as cadeas que nos atan as nosas comodidades e egoísmos. El lémbranolo escoitandoa paixón, que neste ano é de San Mateo (Ciclo A).
XOVES SANTO
Comeza o Triduo Pascual. O día da Cea do Señor. Son moitos os
símbolos deste día pero dous resaltan neste día sobre os demais. Por un lado o lavatorio dos pes ós apóstolos (evanxeo de Xoán 13,1-15), e a cea cos apóstolos, cos amigos (1 Cor 11,23-26).
FACEDE ESTO EN MEMORIA DE MIN. Clara invitación de Xesús a esta dobre tarefa, lavar os pes dos irmán/ás e darlle grazas e unirnos a el na Eucaristía. É a mesma presenza de Xesús, levalo ós desheredados, as tristes, os maltratados, as veciñas, os enfermos, a quela veciña que necesita do noso tempo e da nosa atención.
FACEDE ISTO PORQUE SON EU QUEN O FAGO.
VENRES SANTO
Día de silencio, día de misterio, día no que todos morremos con Xesús. Saímos do Cenáculo, da calor do fogar e dos amigos, angustiados acompañamos a Xesús cara Getsemaní e de alí á Kénose, ó facerse en todo a nós. Asumir a maior traxedia que temos as persoas, a MORTE. Nos morremos ó pecado pero cantas persoas son obrigadas a pasar pola morte. Cantas persoas que dende a enfermidade únense a Cristo na dor, cantas persoas que sen dereitos quedan nas beiras dos camiños e das grandes autopistas da informaión, ignorados, sen xuizo xusto e morrendo sen esperanza.
HOXE ESTARÁS CONMIGO NO PARAÍSO!!!!
Segue o silencio. Cando perdimos a sorpresa do que nos espera despois deste silencio? Cando perdimos os nervios por ver si se cumpría ou non? DEIXEMOS QUE A SORPRESA E A NOVIDADE NOS DEN UN SUSTO QUE NOS DESPEXE!!!!!
DOMINGO DE RESURRECCIÓN
É o "Domingo" de todos. É cando Xesús resucita. é o día en que cobra sentido a Semana Santa e toda a vida de Xesús e a nosa. Día de Luz (Resurrección), de Auga (Vida nova e Bautismo), día da Palabra (A Historia de Salvación feita persoa). A noite e o día máis importante.
Comeza o tempo da Pascua.
Pero...
VENRES SANTO

HOXE ESTARÁS CONMIGO NO PARAÍSO!!!!
Segue o silencio. Cando perdimos a sorpresa do que nos espera despois deste silencio? Cando perdimos os nervios por ver si se cumpría ou non? DEIXEMOS QUE A SORPRESA E A NOVIDADE NOS DEN UN SUSTO QUE NOS DESPEXE!!!!!
É o "Domingo" de todos. É cando Xesús resucita. é o día en que cobra sentido a Semana Santa e toda a vida de Xesús e a nosa. Día de Luz (Resurrección), de Auga (Vida nova e Bautismo), día da Palabra (A Historia de Salvación feita persoa). A noite e o día máis importante.
Comeza o tempo da Pascua.
Pero...
Volve. Este domingo retomas o camiño con ilusión... non teñamos medo e da man de Xesús avancemos... Xa queda menos para que cada un de nós vivamos estos días con intensidade.
A medida que pasen iremos dando unhas pinceladas doq ue para nós foron.
ÁNIMO!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario