A PLURALIDADE
E RIQUEZA DA COMUNIDADE ENGRANDECE E DIGNIFICA A ACOLLIDA QUE EN XESÚS SOMOS
INVITAD@S A REALIZAR COS IRMÁNS. BENDITOS OS QUE VEÑEN NO NOME DO SEÑOR!
Os xestos á hora de expresar e celebrar a fe son moi importantes. E isto é
así porque o relixioso necesita ser comprendido e celebrado para poder logo
vivilo no cotián das nosas vidas, polo que precisa dunha linguaxe que se faga
comprensible e comunicable e duns sinais que todos entendamos. Como se non
falar de Deus, de amor ou de misericordia, por exemplo?. Neste domingo que abre
o tempo da Semana Santa, todos traemos ramos e palmas como sinal de alegría, de
encontro, de festa; pero tamén de acollida e sentido comunitario da fe en Xesús,
aquel que entrou en Xerusalén e foi recibido nas rúas con estrondo ledo e
festeiro.
Tamén
nós hoxe somos invitados a traer ánimo de festa para entrar na Xerusalén que
nos leva a gozar da resurrección que vence á morte e non se deixa levar pola
desgana. Ergamos os ramos e as palmas para dicirlle ao Señor que estamos ledos
e con gañas de compartir este encontro comunitario que nos chama a poñernos en
camiño cara á Pascua.
(Remol. Domingo de Ramos A)
Ningún comentario:
Publicar un comentario