xoves, 11 de xuño de 2015

DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL (12 de maio)

NON ao traballo infantil - SI a unha educación de calidade!


Un gran número de nenos fan traballos domésticos, remunerados ou non, nos fogares de terceiras persoas. As súas vidas transcorren ocultas á mirada da sociedade e o habitual é que se encontren illados e afastados das súas familias. Por iso, estes menores son particularmente vulnerables á explotación e as historias de abuso son moi frecuentes.
Foto OIT
En 2002, a Organización Internacional do Traballo (OIT) declarou o 12 de xuño como Día Internacional contra o Traballo Infantil co propósito de dar a coñecer o alcance do problema e promover iniciativas para resolvelo, coa participación dos gobernos, as empresas, os sindicatos, a sociedade civil, e todos e cada un de nós.

Este ano, no Día mundial contra o traballo infantil faise un chamamento a favor de:
  • unha educación de calidade, gratuíta e obrigatoria para todos os nenos ata polo menos a idade mínima de admisión ao emprego e emprender accións para chegar a aqueles nenos actualmente en situación de traballo infantil;
  • novos esforzos para asegurar que as políticas nacionais sobre traballo infantil e educación sexan coherentes e eficaces;
  • políticas que garantan o acceso a unha educación de calidade e investimentos en persoal docente.

Ningún comentario: