domingo, 10 de maio de 2015

FESTA DOS MAIORES (10 de maio)


Un ano máis celebramos a Festa dos nosos maiores. Uns 80 homenaxead@s celebramos a eucaristía e logo tivemos un xantar compartido. Foi unha experiencia moi bonita que todos os anos nos regalan os nosos maiores.
Aquí vos deixo a introducción da celebración e unha foto de todos.
"Reunímonos hoxe, en ambiente de festa para celebrar a eucaristía como comunidade que é agradecida. Agredecida a Deus por todo pero hoxe especialmente polos nosos maiores. Temos que estar agredecidos todo o áno pero non quita que un dia de xeito concreto os homenaxeemos.
Eles nos deron a vida, unha eduvcación, en fin un futuro do que hoxe nos somos transmisores. Un futuro  de valotres como a educación, a austeridade, o traballo, o esoforzo. Pero non so por eso, hoxe queremos agradecerlle o poder estar aquí.  Trasmisión da fe en familia, de avos a fillos e netos como garantes dunha cultura profunda e dunha fe que madurou e se atemperou coa vida.. entre alegrías e sombras, entre a enfermidade e a saúde.
Imos pois a continuar  celebración que é un canto agradecido a Deus dende o mais profundo do noso corazón"

Xa colgarei na pestaña de fotos un video con todas. Lembrade que se queredes as fotos tedes que cubir o formulario.

Ningún comentario: