domingo, 5 de abril de 2015

PASCUA PARROQUIAL


Comezamos a Pascua. Queremos que o simbolo da nosa pascua sexa unha arbore. Un símbolo vivo, ó igual que todos nós que non somos de pedra.
Esta azalea.


Ó final da celebración así quedou o símbolo.


A Cinsa.
Todos fomos purificados no lume de Cristo, ese lume purificador e que da vida. A cinsa simboliza a todos nós, chamados a dar vida pola resurrección. Durante a celebración, a primeira vez na lectura da Xénese (formados do po da terra) e a segunda no evanxeo (Cristo vida), botamos a cinsa na arbore. Esterco que alimenta. Todos somos alimento.

A Flor.
Estamos chmados a dar froitos. A azalea da flores. Durante as sete semanas da pascua iremos poñendo unha flor cada domingo. Uniremos fe-vida. As flores son as consecuencias da resurrección. A primiera é a ALEGRÍA.

A Auga.
Elemento Clave, xunto co lume, da Vixilia Pascual. Rememora o noso Bautismo. E no noso símbolo, é o que fai posible que os nutrintes (borralla), cheguen as raíces. Cristo é o que fai posible que deamos froito. O Bautismo fainos corresponsables do anuncio da VIDA que é Xesús.

FELIZ PASCUA!!!!

Ningún comentario: