O vindeiro día 2 de Maio, como estes anos pasados, teremos a ANDAINA-CONVIVENCIA de Comuñón. Xuntáremonos todos os nenos e as nenas de comuñón das parroquias de Fornelos, Moreira e Vilacoba. Teremos un dia de convivencia entre as familias.
Este ano faremos unha ruta a pé moi fermosa de Tui (Rúa Loureiro. Preto das depuradoras), a Caldelas de Tui (nun parque cerca do río Miño). No mapa seguinte tedes a ruta orientativa ainda que vai variar un pouco.
Orde do día:
- 10:00-10:30. Quedamos nas Fraguiñas en Fornelos e sairemos ás 10:30 todos xuntos.
- 11:00. Chegamos a Tui e comezamos a andaina. Alguns pais levan os coches ó punto de chegada.
- 12:00-13:00. Catequese cos nenos.
- 14:00. Comida. No sitio de chegada hai un parque e mesas para comer.
- Despois de comer cada un volve á hora que desexe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario