xoves, 19 de marzo de 2015

DÍA INTERNACIONAL DA FELICIDADE (20 de Marzo)


A procura da felicidade é unha meta fundamental

O mundo necesita "un novo paradigma económico" recoñecer "a paridade dos tres pilares do desenvolvemento sostible", o social, o económico e o ambiental, pois, como apunta o secretario xeral, Ban Ki-moon, "xuntos definimos a nosa felicidade xeral. "

Ban Ki-moon fixo esta declaración durante as reunións que foron realizadas na Asemblea Xeral sobre a iniciativa do Bután, un país que recoñece a supremacía da felicidade nacional sobre a renda nacional desde principio dos anos 70, cando se adoptou o concepto do índice de Felicidade Nacional Bruta para substituír o Produto Interior Bruto (PIB).

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución 66/281 no 12 xullo de 2012 ordenou o 20 de marzo Día Internacional da Felicidade, paraa recoñecer a importancia da felicidade e do benestar como aspiracións universais dos seres humanos e a importancia da súa inclusión nas políticas gobernamentais.


"Estade alegres no Señor, repítovolo, estade alegres" 
(Flp 4,4)

San Paulo ai case 2000 anos decíalle eso os de Filipos. E hoxe, síguenos decindo o mesmo. A felicidade non a da o tr, nin o aparentar, nin o saber. Para nós os cristiáns daa Xesús de Nazaret.

El marvcounos un camiño de Felicidade (BENAVENTURADOS) e na Coresma así o andamos.. alegres no Señor... Nos teñamos medo, a pesar de adversidades, enfermidades, desilusións, frustacións,.. a ser felices cos demais xa que sen eles non está Xesús.


Ningún comentario: