"Convertédevos e crede no Evanxeo"
Aquí vos deixo imaxes da dínamica parroquial. A primeira, esta de abaixo, é antes de comezar a dinámica. Unha persoa que se atopa cun obstáculo... Que facer? como chegar ó outro extremo?
Esta outra de abaixo é xa coa dinámica feita do primeiro domingo. Pola persoa aparece un autobús porque o camiño non o facemos sos senón e comunidade. Debaixo a primeira palabra : CONVERSIÓN.
A CONVERSIÓN é o proxecto de toda a coresma. É a invitación de Xesús pero, ó mesmo tempo, é a superación da maior das tentacions... quedarse quietos, non facer nada, deixarnos ir.
Debaixo da palabra conversión está un cadradiño no que escribimos as citas das lecturas do domingo. É a PALABRA os cimentos sobre os que construiremos a nosa ponte.
O autobús ten que chegar á outra ribeira... durante estes domingos iremos construindo a nosa ponte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario