luns, 23 de xuño de 2014

ORDENACIÓN DE DOUS NOVOS SACERDOTES




O próximo dia 6 de xullo, domingo, o Bispo da Diocese, ordenará sacerdotes, na Catedral de Tui, aos diáconos Telmo Lago Mediero de 41 anos (natural de Vigo) e a Gonzalo Otero Martínez de 25 anos (natural de Arcade).








Todos os fieis e pastores da nosa diocese de Tui-Vigo, estamos convidados a participar nesta celebración solemne e á vez entrañable. Para dar grazas a Deus polo don e o agasallo que fai á nosa Igrexa Diocesana coroando estas dúas vocacións. E sobre todo para que sigamos pedindo ao Bo Pastor, que nos envíe pastores segundo o seu corazón.

ORDENACIÓN SACERDOTAL
Data: domingo 6 de xullo, ás 6 da tarde
Lugar: Santa Igrexa Catedral de Tui.
Preside: o noso Bispo Luís

PRIMERAS MISAS
Gonzalo Otero M.: O domingo 13 de xullo ás 6 da tarde en Santiago de Arcade. E o sábado 19 de xullo ás 7 da tarde na Parroquia do Rocío (VIGO)
Telmo Lago Mediero: O sábado 12 de xullo ás 7:30 da tarde, na Capela do Convento de Vilariño (A Ramallosa). 
Orixinal en: 

Ningún comentario: