NON BASTA COA PRESENZA
DO ESPÍRITO. NECESITAMOS ACOLLELO, ABRÍNDOLLE A PORTA E INVITÁNDOO A PASAR
O tempo da Pascua chega ao seu fin. Pentecostes invítanos a sentírmonos membros da comunidade cristiá presente en cada recuncho do mundo. Non importa se somos moitos ou poucos. O verdadeiramente importante é que nos sentimos unidos nunha mesma tarefa e comprometidos no mesmo proxecto: ser o rostro da Igrexa alí onde esteamos. Non unha igrexa morta, de pedras, por moita antigüidade que estas teñan, senón unha igrexa viva, ilusionada e ilusionante, ao estilo de Xesús. Que saibamos sentir esta alegría que nos axuda a conformar a comunidade en camiño que Xesús quixo e comezou. Continuémola coa mesma forza e coas mesmas gañas.
Remol, Escoita Activa. Domingo de Pentecoste
Ningún comentario:
Publicar un comentario