xoves, 5 de xuño de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2014. "Ergue a túa voz, non o nivel do mar" (5 de Xuño)


"Ergue a túa voz, non o nivel do mar ." É o lema do Día Mundial do Medio Ambiente 2014, que se celebra hoxe, 5 de xuño, en todo o mundo co obxectivo de sensibilizar a opinión pública sobre as consecuencias desastrosas do cambio climático .

A pequena illa caribeña de Barbados é o país anfitrión para esta edición do evento, creado pola ONU en 1972 para aumentar a concienciación sobre o medio ambiente a  nivel cidadá e  buscando acción política.

Que se escolla Barbados non é por casualidade. Aínda que o seu ecosistema natural é marabilloso, dunha gran riqueza , en realidade preténdese poñer o foco sobre as dificultades que terán que superar os estados insulares, como este, son afectados pola elevación do nivel do mar. Así, di Achim Steiner, Subsecretario Xeral da ONU , falando con motivo deste día :
"Os pequenos Estados insulares en desenvolvemento teñen que afrontar moitos riscos relacionados co cambio climático , pois o aumento da temperatura afectou negativamente a agricultura e a propia existencia dalgúns países ameazados pola elevación do nivel do mar
Nin que decir ten que os cristiáns estamos chamados a coidar o medio ambiente contribuíndo así a creación de Deus. Desde o respeto do monte, a reciclaxe, o uso responsable das enerxías e o seu aproveitamento. Non é cuestión só de aforrar nos recibos, que tamén, senón de ter conciencia ecolóxica e de responsabilidade coas xeracións que virán despois de nós.
O Concilio Vaticano II así no lo lembra na Constitución Gaudium et Spes:
"As persoas, cando cultivan a terra coas súas mans ou axudándose da técnica e da arte para facela producir froitos, e convertela nunha digna morada, e cando conscientemente asume o seu papel na vida dos grupos sociais, segue o plan de Deus manifestado á humanidade ó comezo dos tempos, de someter a terra e perfeccionar a creación, e así, educámonos a nos mesmos; ó mesmo tempo, obedecémos o gran mandamento de Cristo de entregarnos ó servicio dos irmáns e das irmás" (GS 57)



Ningún comentario: