luns, 26 de maio de 2014

PASCUA PARROQUIAL (Domingo VI de Pascua. Matrimonio e Perdón)

Neste día, 25 de Maio, Pascua do Enfermo, VI domingo de Pascua, xa imos encamiñados, como nunha costa abaixo cara o remate da Pascua. Pero non adiantemos acontecementos.
Neste Domingo, e porque xa ven a Ascensión e Pentecoste (Confirmación), falamos dos sacramentos do Perdón e do Matrimonio.
Matrimonio: Moi sinxelamente, falamos da Alianza (anel), e da Alianza (pacto) que duas persoas, que se queren, fan diante de Deus, para compartir a súa vida no amor (canto nos falou hoxe de Amor o evanxeo!).
Perdón: Reflexionamos sobre a importancia que ten pedir perdón, humanamente pero, como non!, a Deus, xa que o que lle facemos ós demáis, facémosllo a Deus. Así mesmo, como o pecado non é algo individual, senón que ten consecuencias para a comunidade, o perdón tamén ten unha dimensión comunitaria, de aí, valorar e potenciar as celebracións comunitarias do perdón. 
É a dimensión comunitaria da fe que non se queda metida nun mesmo senon que se expresa en comunidade.


MATRIMONIO
PERDÓN





Ningún comentario: