Xa estamos no Segundo Domingo de Pascua. E dende a parroquia queremos ir destacando, cada domingo, un sacramento. Este Domingo comezamos polo Bautismo. Temos ainda fresca, nunca mellor dito, a celebración da Vixilia Pascual, onde a auga era un dos elementos fundamentais.
No Sacramento do Bautismo é a auga que nos rexenera, que nos limpa, que nos agrega a Igrexa. Un ha auga que "No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo" nos fai fillos de Deus, membros da Igrexa na parroquia de Fornelos, e nos limpa do Pecado Orixinal.
Aquí vos deixo unhas fotos da nosa "Pía Bautismal". Como se non entra polos ollos, hoxe en día, non ten efecto, preparamos un pequeno "escaparate"
Ningún comentario:
Publicar un comentario