venres, 18 de abril de 2014

E FÍXOSE O SILENCIO

Todo é silencio.
Que contraste co espectáculo de agunhas procesión. Turismo relixioso...
Todo é silencio.
Hoxe o mundo está sen Deus. Acaso non o pensamos mais dunha vez?
Todo é silencio.
Silencio voluntario de tantas persoas que ante o misterio da morte calan, morren.
Todo é silencio.
Silencio obrigado dos que non teñen voz. Dos que son calados a golpes.
Todo é silencio.
Silencio interesado do que non quere falar, do que non lle interesa falar.
Todo é silencio.
Silencio do que non denuncia porque se ve reflexado.
Todo é silencio e no silencio... 
Deus chora, berra e no medio de tanto ruído falou así.

 

Ningún comentario: